Cultura



O Servizo de Cultura fomenta ao longo de todo o ano diversas actividades culturais e artísticas orientadas a todos os públicos, a través da programación estable do Teatro Municipal Lauro Olmo, integrado na Rede Galega de Teatros e Auditorios. Teatro, música, cine, danza, conferencias e presentación de libros, exposicións..., configuran unha ampla oferta que se complementa coas actividades que leva a cabo o asociacionismo cultural e outras entidades, públicas e privadas, con espazo propio que enriquecen a vida sociocultural do concello e da comarca. Desde este departamento organízanse, asemade, outras actuacións na rúa, especialmente nos meses de verán, as festas tradicionais e as do Cristo.
Enderezo: Teatro Lauro Olmo, rúa da Estación, 2. 1º andar / Tel.: 988 320053 / Atención ao público: de 9 a 14 h. / cultura@concellodobarco.org
Equipamentos culturais do Barco:
Teatro Municipal Lauro Olmo, construído en 1987 no patio do primeiro Grupo Escolar público do Barco como Casa da Cultura e remodelado en 2006 como Teatro. Conta con 275 localidades, 175 en platea e 100 en anfiteatro, e dispón dunha moderna dotación técnica para realizar proxeccións cinematográficas e para a celebración de representacións teatrais, concertos e todo tipo de eventos sociais e culturais. Está situado na rúa da Estación nº 2. Tf: 988320053.
Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán. As actuais instalacións da biblioteca pública están situadas na planta baixa e no primeiro andar dun edifico situado na rúa Academia Dequidt. Ofrece servizo de lectura, consulta e préstamo, acceso a internet e dispón os seus fondos para dar satisfacción aos usuarios de diferentes idades. Está aberta en horario:
Verán (de 20 de juño á 20 de septembro): de Lúns a Xoves, de 9,30 a 13,30 horas. Venres, de 9,30 a 13,00 horas.
Invierno (de 21 de septembro a 19 de juño): de Lúns a Venres, de 10,00 a 13,00 horas, e de 16,30 a 20,30 horas; Sábado, de 10,00 a 13,00 horas.
Tf: 988684157. obarco@rbgalicia.org / bibliotecaflorencio@concellodobarco.org
Proxectos da biblioteca:
- Café con Letras
- Día das Letras Galegas
- Liberación de libros
- Minibibliotecas
º Éntoma
Salón de Actos do Edificio Multiusos, está situado no terceiro andar do moderno edificio onde se encontran as oficinas municipais. Dispón de 60 butacas ampliables e está equipado con sistema de proxección e megafonía. Tf: 988320202.