Cultura

Teatro Lauro Olmo
Salón de actos do Multiusos
Sala de exposicións do Centro Comarcal

O Servizo de Cultura fomenta ao longo de todo o ano diversas actividades culturais e artísticas orientadas a todos os públicos, a través da programación estable do Teatro Municipal Lauro Olmo, integrado na Rede Galega de Teatros e Auditorios. Teatro, música, cine, danza, conferencias e presentación de libros, exposicións..., configuran unha ampla oferta que se complementa coas actividades que leva a cabo o asociacionismo cultural e outras entidades, públicas e privadas, con espazo propio que enriquecen a vida sociocultural do concello e da comarca. Desde este departamento organízanse, asemade, outras actuacións na rúa, especialmente nos meses de verán, as festas tradicionais e as do Cristo.

Enderezo: Teatro Lauro Olmo, rúa da Estación, 2. 1º andar / Tel.: 988 320053 / Atención ao público: de 9 a 14 h. / cultura@concellodobarco.org

Equipamentos culturais do Barco:

Teatro Municipal Lauro Olmo, construído en 1987 no patio do primeiro Grupo Escolar público do Barco como Casa da Cultura e remodelado en 2006 como Teatro. Conta con 275 localidades, 175 en platea e 100 en anfiteatro, e dispón dunha moderna dotación técnica para realizar proxeccións cinematográficas e para a celebración de representacións teatrais, concertos e todo tipo de eventos sociais e culturais. Está situado na rúa da Estación nº 2. Tf: 988320053.

Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán. As actuais instalacións da biblioteca pública están situadas na planta baixa e no primeiro andar dun edifico situado na rúa Academia Dequidt. Ofrece servizo de lectura, consulta e préstamo, acceso a internet e dispón os seus fondos para dar satisfacción aos usuarios de diferentes idades. Está aberta en horario de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 h. de luns a venres e de 10 a 13 h. os sábados. Tf: 988684157. obarco@rbgalicia.org / biblioteca@concellodobarco.org

Proxectos da biblioteca:

º Éntoma

º Veigamuíños

º Primeira visita

º Segunda visita

º Terceira visita

º Cuarta visita

º Quinta visita

Salón de Actos do Edificio Multiusos, está situado no terceiro andar do moderno edificio onde se encontran as oficinas municipais. Dispón de 60 butacas ampliables e está equipado con sistema de proxección e megafonía. Tf: 988320202.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng