Servizos Sociais e Igualdade

O departamento de Servizos Sociais do Concello do Barco de Valdeorras traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de todas as persoas e grupos da comunidade. As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente na cidadanía que sofre algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva.

Enderezo: Casa do Concello, planta baixa / Teléfonos: 988 320202 - 988 320010 , extensións 161-162-164 / Atención ao público: de 9 a 14 h. / asociales.barco@mundo-r.com

Este Concello é socio do Fondo Social Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a Concellos e Deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade con enfoque de Dereitos Humanos cos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos.

O Fondo Galego xorde a finais do ano 1997 como expresión institucional desa crecente sensibilidade cidadá arredor das crises humanitarias e a pobreza mundial que percorreu o Estado español e Europa durante os anos 90, dos efectos sociais de tantas calamidades, catástrofes ou guerras, que a cotío irrompen nas nosas vidas, para poñer o contrapunto a outro segmento da humanidade que entende a vida e as crises doutra maneira.

Pero tamén para ir máis alá da mera urxencia e arbitrar programas sólidos e permanentes centrados no desenvolvemento estrutural desas comunidades que, a pesar de representar a maior parte da demografía mundial, van no furgón de cola da “nova economía”

Programas básicos desenvolvidos polos servizos sociais do Concello.

Programa de Orientación, Asesoramento e Información

Ten por obxecto informar a poboación sobre os dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar as persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, aos servizos sociais de atención especializada.

Programa de Axuda no Fogar

O servizo de axuda no fogar está dirixido a toda a poboación. É unha prestación básica do sistema público de servizos sociais que presta un conxunto de atencións, dende unha perspectiva integral e normalizadora a nivel preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador. O programa vai dirixido a individuos e ás familias no seu fogar cando se atopen incapacitados/as, temporal ou permanentemente, por motivos de índole psíquica, física ou social para realizaren as tarefas esenciais da vida cotiá, manténdoos/as no seu fogar e integrados/as no seu medio natural, mellorando a súa calidade de vida.

O servizo de axuda no fogar está regulado pola ordenanza municipal do Concello do Barco de Valdeorras.

Este servizo pódese complementar co programa de TELEASISTENCIA (permítelles ás persoas maiores e/ou doentes ou discapacitadas, ao premeren un botón, entrar en contacto verbal “mans libres” cos operadores/as dun centro de atención as 24 horas do día, todos os días do ano),  e mais co programa XANTAR NA CASA (elaboración das comidas do xantar que serán levadas ao seu fogar).

Programa de Emerxencia Social

Dende os servizos sociais detéctanse as situacións de urxencia que requiren ser abordadas de xeito rápido e eficaz. Fundamentalmente son situacións de escaseza de medios económicos que dificultan o normal desenvolvemento das persoas ou familias. Con este programa preténdese paliar e, se for posible, corrixir estes déficits.

Escola Infantil Municipal

Escola Infantil Municipal curso 2017/18

Comienza la descarga del archivoListaxe definitivo de alumnos/as admitidos/as da Escola Infantil Municipal para o curso 2017/18

Comienza la descarga del archivoListaxe provisional de alumnos/as admitidos/as da escola infantil municipal para o curso 2017/18

Comienza la descarga del archivoProcedemento de adxudicación de prazas na Escola Infantil municipal

Comienza la descarga del archivoSolicitude Escola Infantil Novo ingreso e Anexo I

Comienza la descarga del archivoSolicitude Escola Infantil Anexo_II

Escola Infantil Municipal curso 2016/17

Comienza la descarga del archivoImpreso Formalización matrícula 2016-2017

Comienza la descarga del archivoListaxe definitiva de alumnos/as admitidos/as da escola infantil municipal para o curso 2016/17

Comienza la descarga del archivoListaxe provisional de alumnos/as admitidos/as da escola infantil municipal para o curso 2016/17

Comienza la descarga del archivoPeriodo de matriculación e prazas ofertadas

Comienza la descarga del archivoSolicitud escola infantil Anexo Bono Concilia

Comienza la descarga del archivoSolicitud escola infantil Novo ingreso

Comienza la descarga del archivoSolicitud escola infantil Renovación

Comienza la descarga del archivoActualización documentación necesaria alumnado renovación

Programa de Educación Familiar

Consiste na intervención, por parte do persoal especializado, nas familias en que se detectan carencias competenciais nas súas funcións parentais. O fin da intervención é a integración e a mellora das funcións que tiñan asignadas as familias.

Bolsas para a compra de libros

Ten por obxecto facilitarlles libros de texto ás familias con fillos en idade de escolarización obrigatoria.

Comienza la descarga del archivoBases Axudas Libros 2017/2018

Atención á dependencia

Dende os servizos sociais municipais facilítase a información para acceder ás prestacións e aos servizos da nova Lei de dependencia, e realízase o programa individual de atención en que se determinarán as modalidades de intervención máis adecuadas ás súas necesidades.

Documentos para descargar:

Regulamento. Servizo de axuda no fogar

Ordenanza reguladora para a prestación do servizo Xantar na Casa

Ordenanza reguladora das tarxetas de estacionamento para persoas con minusvalidez

Asociacións do Concello do Barco de Valdeorras

FFIBROVAL

Avd. Florencio Delgado Gurrieran, nº 20, 2º, O Barco de Valdeorras, Ourense

685356263

ffvaldeorras@hotmail.com

 

ASFAVAL (Asociación de Familiares de persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras)

Rúa Caneiro do Bigache S/N (Urb. Las huertas), O Barco de Valdeorras, Ourense

988326724

asfaval@hotmail.com

www.asfaval.com

 

DISVALIA (Persoas con discapacidade Asociadas de Valdeorras)

C/ Lugo, 3, O Barco de Valdeorras, Ourense

661739342 – 699659139

disvaliaval@gmail.com

www.disvalia.com

 

CARRITAS INTERPARROQUIAL

C/ Balorca nº 2, O Barco de Valdeorras, Ourense

988320933

caritasobarco@hotmail.com

 

A.F.E.M. MOREA O BARCO

Rúa Castelao, nº 8, Baixo, O Barco de Valdeorras, Ourense

988320934

obarco@morea.org

www.morea.org

 

CRUZ ROJA ESPAÑOLA. ASAMBLEA COMARCAL

C/ A Veiguiña, nº 5, O Barco de Valdeorras, Ourense

988327195

valdeorras@cruzroja.es

 

ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CANCER

O Barco de Valdeorras, Ourense

699980695 – 988219300 (Ourense)

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng