Urbanismo

O Concello do Barco conta cun Servizo Técnico ao que se poden dirixir os cidadáns en demanda de información sobre asuntos relacionados co urbanismo, a execución de obras municipais, proxectos de edificación ou plans de ordenamento. Neste departamento xestiónanse as licenzas para a execución de obras particulares en todo o termo municipal.

As obras públicas que realiza o Concello, en beneficio dos seus habitantes, son acometidas pola brigada municipal ou por empresas especializadas contratadas para tal fin.

As persoas que o desexen poden dirixirse ao Servizo de Urbanismo e Obras, que está situado no primeiro andar do Edificio Multiusos, na praza do Concello, de luns a venres e de 9.00 a 14.00.

Toda a información relacionada co PXOM do Barco está dispoñible na páxina de Información Urbanística de Galicia da Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)

Abre un enlace externo en una nueva ventanaAcceso a Información de Urbanismo

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng