Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Espazos naturais

Espazos naturais

Outono no Barco
Pincheira de Portomao en Fervenza
Cumes de Pena Trevinca
Parque Natural da Enciña da Lastra

A paisaxe en Valdeorras é o seu principal atractivo. As viñas nas ladeiras e os soutos de castiñeiros centenarios conforman unha deliciosa estampa que acada no outono un cromatismo espectacular.

Sen saír do Barco podemos pasear pola ribeira do Sil, desde o Camiño Real ata A Proba e, cruzando o río por unha pasarela peonil, pola área recreativa do Salgueiral, onde contemplaremos colonias de patos, garzas e cegoñas que asentaron aquí a súa morada. 

Un sitio moi coidado e con numerosas árbores autóctonas é o que arrodea o Mosteiro de Xagoaza, xunto ao río Mariñán, nas proximidades do Barco. Unha ruta para andar sinalizada conduce a este lugar desde O Barco polo Córrego -antiga ponte sobre o río Forcadela- e o núcleo histórico do Castro, onde  chama a nosa atención un grupo de adegas cova.

Nas proximidades de Fervenza está a pincheira de Portomao, xunto as ruínas dunha antiga ferraría e un par de muíños de auga. En calquera aldea  podemos achegarnos á paisaxe agraria tradicional, aos xeitos de aproveitamento da terra e á cultura rural.

Se preferimos outear o val  desde as alturas podemos realizar camiñadas que nos ofrecen unha visión panorámica da bocarribeira valdeorresa: o camiño entre Alixo, Domiz e Candeda, voltando campo a través pola Serra do Eixe; entre Santa Mariña do Monte e Correxais ao abeiro do Mouzón ou a ascensión ás Tres Marías desde a aldea abandonada de Reporicelo, no extremo norte do territorio municipal.

A natureza móstrase xenerosa nos grandes espazos naturais de montaña. O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, no veciño concello de Rubiá, é o dominio da vexetación mediterránea, as formacións calcarias, as aves de rapina e os morcegos. Foi declarado Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA). Chégase pola N-120 en dirección a Ponferrada, saíndo á aldea de Biobra, onde está o Centro de Interpretación.

O Macizo de Trevinca, con varios cumes superiores aos 2.000 metros, atesoura fragas de alto valor para a biodiversidade, como O Teixadal de Casaio, é berce de fermosos ríos (Bibei, Xares, Casoio, Cabreira e Tera), lagoas solitarias (O Ocelo e A Serpe) e abondosas pegadas do tempo das glaciacións. Accédese desde Sobradelo pola estrada de Casaio e desde A Ponte e Vilanova, no concello da Veiga.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng