Eladio Santos, novo concelleiro de Turismo do Barco

03.07.20 11:35

Eladio Santos Martínez tomou posesión como novo concelleiro da Corporación do Barco no pleno ordinario deste mes de xullo.

Eladio Santos asume a concellería de Turismo, Comercio e Promoción Económica tras a marcha de Irene Dacal, responsable deste departamento nos últimos 9 anos.

O novo edil ten a intención de manter reunións, nas próximas semanas, coas asociacións de empresarios, comerciantes e resto de sectores económico e turístico.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng