dd Concello do Barco : O concello suspende as escolas deportivas municipais, as competicións en instalacións, e pecha gardería municipal, conservatorio e biblioteca durante dúas semanas

O concello suspende as escolas deportivas municipais, as competicións en instalacións, e pecha gardería municipal, conservatorio e biblioteca durante dúas semanas

12.03.20 14:38

gardería municipal do Barco, o Conservatorio e Escola de Música e a Biblioteca Municipal permanecerán pechados a partir do luns, seguindo a decisión adoptada hoxe polo Consello da Xunta de Galicia de peche de centros escolares, museos, bibliotecas e arquivos.

 

Ademais, e en cumprimento das medidas tomadas pola Xunta no ámbito deportivo, suspéndense as escolas deportivas municipais, e o deporte base nas que hai inscritas da orden de 1.500 persoas. Tamén se suspenden os eventos deportivos de todo tipo, e os clubs poderán usar as instalacións municipais nos seus horarios correspondentes, exclusivamente para xestionar os adestramentos dos equipos en competición.

 

Tamén se decidiu suspender as actividades xa previstas para esta fin de semana, como a charla sobre enfermidades raras e a andaina solidaria prevista para o domingo.

 

No que atinxe á programación cultural, queda tamén suspendida toda actividade no Teatro Lauro Olmo a partir de mañá, venres (teatro, cine etc.).

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng