O Barco celebra o 8 de marzo con cine e música

06.03.20 12:07

As actividades con motivo do Día da Muller organizadas polo Concello do Barco comezaron o xoves día 5, coa proxección, no teatro Lauro Olmo, da primeira película do ciclo de cine programado polo Cine Clube Groucho Marx. Este ciclo continúa ao longo do mes de marzo, con un título cada semana de filmes dirixidos por mulleres. As películas proxectanse en tres sesións, ás 17,00, 19,00 e 21,00 horas.

Ademais, hoxe, venres día 6, terá lugar a lectura dun manifesto aprobado polo pleno da Corporación Municipal do Barco, e un concerto da Asociación Cultural Musical “The Tetas Van. Será ás 20,30 horas na praza do Concello (trasladarase ao Pabellón Polideportivo da rúa España se chove).

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng