dd Concello do Barco : Este venres "Entre soños" de Fran Sieira, danza e música tradicional

Este venres "Entre soños" de Fran Sieira, danza e música tradicional

09.12.19 12:49

"Entre soños" é baile e música galega desde unha estética radicalmente contemporánea, un fermoso espectáculo para deixarse levar polos tres protagonistas Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoo. O venres 13 de decembro ás 21h no TLO.

Entre Soños é unha obra de baile e música tradicional galega de 65 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó (tanto Aida como Xisco compaxinarán a súa laboura de bailaríns coa de cantantes de música tradicional nesta obra), ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro dun marco escénico deseñado por Luis Perdiguero (escenografía e iluminación) e desde unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo da Vilarinyo Dance Company).

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng