Avelino González contará o mércores 17 de xullo no De perto

12.07.19 09:44

Avelino González (Vigo, 1962), contador de historias e actor de teatro, cine e TV, estará no De Perto o mércores 17 de xullo ás 20h30 na Casa Grande de Viloira. Unha contada sobre esas pequenas marabillas que nos pasan cada día e que asombran cando as escoitamos.

Avelino González falando de si mesmo: "Non sei se conto monólogos ou monologueo contos. Gustánme as historias de soños cumpridos, de caña e coña, de paixón… Esa caste de historias fantásticas que nos poden pasar a calquera.

Na TV acabo de Facer de “César” en Serramoura, antes a “Roque” en Pazo de Familia, pra a TVG. Fixen de “Raimundo” na serie “Seis Hermanas” na TVE1.

Hai pouco fixen de Miñato en “Padre Casares” da TVG. Fixen pelis (Heroína), series web (Dalle Jas, Volta ó Rural, Clases de lo Social), series (As Leis de Celavella, Cuéntame, Pratos Combinados, Hospital Central, Mareas Vivas, Piratas).

No teatro agora estou facendo de “Briguella” na “Commedia” de Contraproducións, dirixido por Cándido Pazó!. Actúo, dirixo, traduzo e levo cafés ós ensaios. Déronme varios premios, polo café non, polo outro. Bicos con Lingua, Commedia, Tarará-Chis-Pum, e o que me queda…!"

De www.avelinogonzalez.gal

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng