Boni Ofogo trae contos e lendas de África ao ciclo De Perto

17.06.19 09:11

Boni Ofogo é un dos grandes contadores de contos e lendas africanas, abrirá a quenda dos narradores orais deste sétimo ciclo De Perto, será este venres 21 de xuño no Xardín da Casa Grande de Viloira (se chove na Sala Julián Trincado na propia Casa Grande) ás 20h30.

Boniface Ofogo Nkama naceu en 1966 na aldea de Bogondo Boniface, no interior de Camerún. Chegou a España en 1988 para estudar Filoloxía Hispánica e en 1992 comezou a traballar como narrador. Exerceu de Mediador Intercultural no Concello de Madrid, pero dende 2005 dedícase en exclusiva a percorrer colexios, bibliotecas e centros culturais relatando historias de valor didáctico e cultural. É especialista en fábulas, lendas, mitos e tradicións da África negra. Actuou por toda España (Maratón de Cuentos de Guadalajara, Fórum de las Culturas de Barcelona en 2004, Festivales de Oralidad de Jaca e Elche). Tamén visitou cos seus contos Francia, Brasil, Costa Rica, Colombia e Arxentina.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng