Este venres Strpts/Finde tempada de Cinema Sticado no TLO

25.02.19 10:07

O colectivo Cinema Sticado presenta a Xosel Díez e Helena Varela nun espectáculo diferente: cine ao vivo ou teatro multimedia combinando diferentes técnicas. O venres 1 de marzo ás 21 horas no TLO.

Neste espectáculo os dous actores-manipuladores, todo o tempo en escena, recrean un xogo: o xogo de facer unha película, o xogo de crear unha realidade e ao mesmo tempo transformala. Crean a realidade dun mundo de cartón no que viven personaxes debuxados e recortados, e a crean a través da manipulación manual deses personaxes e outros obxectos, a crean, aparentemente, xogando. Transforman esa realidade ao proxectala, ao convertela nunha película, eles fan a captación desa realidade, e fan a montaxe visual, e fan a banda sonora, e as voces dos personaxes.

Mais nun momento dado ocorrerá unha revelación, eses actores-manipuladores non están realmente xogando. É máis, non son os verdadeiros donos dos seus movementos. E neste momento quedará patente o verdadeiro tema do espectáculo que xa anticipaba a película recreada: a manipulación.

Sinopse:

Dous frikis humanos teñen a misión de facer unha película, unha selva está a piques de desaparecer, dous fuxitivos agardan nunha casaillada, un Ministro e o seu fillo ambicionan o poder, e no medio de todos eles.... un maletín.

O Colectivo Cinema Sticado continúa a xogar coa súa cacharrada analóxico-dixital para compoñer con intriga, humor e maxia unha aventura que xira en torno á manipulación e na que calquera parecido coa realidade é plenamente intencionado. Ou non.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng