Taller Monta e Pilota un Dron_Tech Kids, para nenos de 8 a 12 anos. Día 06 de setembro de 09:00 a 14:00 horas

29.08.18 09:45

Constrúe e pilota o teu propio dron na que aprenderán a deseñar e manexar o seu propio dron.

Iniciaremos os rapaces no mundo dos drons creando un circuito de habilidade onde os nenos e nenas se podan adestrar na pilotaxe destas aeronaves. Darémoslles a coñecer as partes dos drons, cómo se montan, e cómo son capaces de voar mediante unha sesión práctica empregando dous tipos de aeronaves:

• Un overcraft para comezar a entender os controis e movementos que ten un dron e

• Unha vez iniciados daremos o salto a un dron co cal percorreremos o circuíto dando paso unha competeción entre os participantes.

A actividade ten un finalidade lúdica e pretende sementar nos alumnos/as a curiosidade por este mundo por medio da superación.

Dirixida a nenos e nenas comprendidos entre os 8 - 12 anos. Realización da actividade o xoves 06 de setembro en horario de 9:00 a 14:00 e contará cun descanso que inclúe unha “merenda/refrixerio” para os rapaces.

Conta cun aforo máximo de 12 prazas e a cobertura das mesmas realizárase por rigorosa orde de inscrición por parte do/a nai/pai/titor legal do/a menor na Aula CeMIT ou a través de internet, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede (https://cemit.xunta.gal).

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng