Taller de Robótica e Programación_Tech Kids, para nenos de 8 a 12 anos. Día 29 de Agosto de 09:00 a 14:00 horas.

16.07.18 14:00

Iniciación a Programación con Escornabot:

  • Percorrerase un circuíto con obstáculos levando dun punto a outro o escornabot. O robot atopará obstáculos durante o percorrido e o usuario ten que ser quen de programar o escornabot para que os evite chegando a meta dunha soa peza.
  • Esta actividade constará de tres posibles partes dependendo das idades dos participantes:
  • Plástica: para os mais cativos debuxaremos e recurtaremos obstáculos para o escornabot.
  • Eléctrica: Coñeceremos as partes do robot e que función ten cada unha delas.
  • Programación: Iniciaremos na programación dando sinxelas ordes ao robot para que sexa quen de rematar o circuíto indicado. O "software" é preciso para que o robot faga o percorrido que lle indicamos.

Hai 16 prazas, a inscrición poderá realizarse presencialmente na aula CeMIT en horario de 12:00 a 14:00 horas, ou a través de internet, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede (https://cemit.xunta.gal).

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng