Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.

Concello do Barco : Este venres remata o VI De Perto con Uxía cantando a Novoneyra

Este venres remata o VI De Perto con Uxía cantando a Novoneyra

10.07.18 09:11

O VI ciclo da palabra sufriu varios cambios por mor do tempo. Tamén cambiará de lugar, do Castelo do Castro ao Teatro Lauro Olmo, o concerto de Uxía presentando o seu último disco "Uxía/o", con poemas de Uxío Novoneyra. No TLO o venres 13 de xullo ás 22h30 con entrada de balde.

A última semana do VI ciclo De Perto presenta o martes 10 de xullo (22h30) á beira do Sil-Malecón a Quico Cadaval e Ana Sofía Paiva con Contos de contrabando-Historias portugalaicas, un repertorio de narración oral sobre a vida da xente arraiana que teimaba en superarar a fronteira ou en vivir como se non existira.

No acto final do VI De Perto Uxía presenta en concerto o seu novo traballo musical, unha particular homenaxe a Novoneyra na que viste de música os poemas do escritor do Courel con ecos de muiñeira, ragtime, alalá e reggae. “A poesía de Uxío Novoneyra ten un ritmo interno que a fai moi adecuada para ser cantada”, sostén Uxía, que decidiu colaborar de novo co multi-instrumentalista brasileiro Sérgio Tannus “para que esta visión fose a máis actual e universal posíbel, colocando o acento na contemporaneidade e musicalidade da súa obra”.

Para determinar o repertorio, Uxía e Sérgio escolleron entre o seu poemario o que atoparon “máis próximo e familiar”, en ocasións unindo varios poemas, como é o caso de “O aire” ou “A miña sombra correndo”, transformado en alalá. Xunto ás novas composicións encóntranse tamén unha adaptación do tema “Cain as follas”, de Emilio Cao, ou “Alalás encadeados”, poema inédito incluido no disco de Uxía Meu canto (Fol Música, 2011).

Uxía: voz. Sérgio Tannus: guitarra e viola caipira. Santi Cribeiro: acordeón. Isaac Palacín: percusión

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng