Aprobadas as bases para o concurso de maios e coplas 2018

09.04.18 09:34

No concurso de maios e coplas deste ano 2018 establecese unha dotación económica de 2.000 euros para a concesión de premios aos participantes en tres categorías: maios, coplas e arcos florais. As inscricións poden formalizarse no rexistro do Concello do Barco ata ás 12,00 horas do día 30 de abril.

Para a categorías de maios hai un total de cinco premios: un primeiro de 300 euros, o segundo, de 250, e o terceiro, de 150 euros. Tamén se establecen dous accésits de 50 euros cada un. Os premios para as coplas serán catro: un primeiro de 200 euros, un segundo de 100 euros, e dous accésits de 50 euros. Na categoría de arcos florais hai un premio único, consistente nun lote de libros.

As bases para a participación nas tres modalidades deste concurso, así como os anexos para a inscrición no concurso, están a disposición dos interesados no rexistro do Concello do Barco,

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng