Este venres no TLO "Salvador" de Borja Fernández, tras os pasos do avó emigrante
Este venres, 23 de marzo (21h), Borja Fernández presenta no Teatro Lauro Olmo "Salvador", unha peza de teatro documento onde investiga o rastro do seu avó emigrado ao Brasil e a quen non coñeceu.
"Salvador" é un proxecto escénico para un actor/músico e unha video jockey/manipuladora de obxectos, sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros. Céntrase na figura dos avós, concretamente nos avós galegos emigrados a mediados do século pasado a Sudamérica, e do seu o impacto na historia recente na configuración das comunidades, familias e individuos contemporáneos. "Salvador" está a metade de camiño entre o documental e a ficción teatral, con especial énfasis na combinación de texto, movemento, música en directo, e novas tecnoloxías.