Teatro do Morcego presenta a Celso Parada en House

12.02.18 12:07

House, desaforado é un monólogo cómico sobre a existencia e a soidade que interpreta Celso Parada. Este venres, 16 de febreiro, estará a partir das 21 horas no Teatro Lauro Olmo. As entradas poranse á venda unha hora antes.

"A miña nai está posuída polo demo, o meu pai e o home máis triste do mundo, a miña irmá está namorada dun can, a que amo non me ama, e non teño onde vivir. Que debería facer?" Así se presenta Vítor, o atribulado protagonista de HOUSE, a peza do canadense Daniel Macivor, que trouxo á escena galega Teatro do Morcego e interpreta Celso Parada baixo a dirección do quebequés Kevin Orr . Vítor é un estraño entre nós, séntese abandonado pola súa comunidade e fai esforzos por atopar un fogar, por compartir un lugar no mundo coas persoas que quere.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng