Programa do Entroido e das Xornadas Gastronómicas

25.01.18 12:37

Xa estamos no Entroido. O do Barco represéntase este ano pola imaxe dun folión no desfile do ano pasado. O programa inclúe as XIX Xornadas gastronómicas, unha festa infantil o luns, o desfile do martes, que será o prato forte, e o mércores daráselle a despedida co Enterro da sardiña e a queima do Meco.

Entre o xoves de comadres, día 8, e o martes día 13 vanse celebrar as XIX Xornadas Gastonómicas do Entroido. Unha iniciativa na que participan varios restaurantes da vila para ensalzar a gastronomía do inverno e que está organizada por AEVA e o Centro comercial Aberto.

O luns día 12 a partir das 17h no Pavillón Vello haberá unha Festa infantil con baile de disfraces e karaoke. O martes ás 17h30 dará comezo o Desfile de comparsas, coma sempre será entre a avenida Conde Fenosa (á altura do HCV) e a praza Maior, onde haberá un baile amenizado por Boa Festa. As comparsas participantes no desfile poderán optar aos premios, segundo o número de persoas que as conformen, sempre que realicen a súa inscrición no rexistro do Concello antes das 14 horas do día 9 de febreiro, en impreso que se lles facilitará alí mesmo. Finalmente o mércores a partir das 20h polas rúas da Zona Vella e finalizando na praza Maior terá lugar o Enterro da Sardiña e a queima do Meco.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng