AS LETRAS DE FLORENCIO NO PAÍS VASCO

24.01.18 12:38

Esta fin de semana a exposición FDG Bebedeira de ensoños está en Vitoria.Gasteiz e a semana que vén en Donosti-San Sebastián como protagonista dunha serie de actividades que queren amosar ao público eusquera Valdeorras e as nosas singularidades.

A exposición, que será presentada pola directora do proxecto Débora Álvarez, vai acompañada dunha actuación musical de RomaDoVal &EGL, Román e Edu Gómez quen prepararon un traballo moi especial poñéndolle música aos poemas de Florencio. Como peche do evento as cociñeiras do restaurante San Mauro prepararán un menú no que os produtos de Valdeorras serán os protagonistas. As empanadas, o viño, o botelo, o mel... Unha conxunción de sabores coa que esperamos que o público quede satisfeito".

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng