Curso de formación en mantemento de xardíns e zonas verdes organizado polo Concello

22.01.18 13:04

Trátase dunha acción formativa dirixida prioritariamente a persoas desempregadas (Cursos AFD), que otorga o certificado de profesionalidade de nivel 2.

O Concello do Barco organiza un curso totalmente gratuíto, dirixido prioritariamente para persoas desempregadas e apuntadas na Oficina de Emprego, estando subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral).

As prazas para o alumnado son limitadas, cun máximo de 15 persoas. O curso ten unha duración de 488 h, que se impartirá de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.

Os alumnos deberán estar en posesión da ESO, estudos superiores, ou estar en posesión das competencias clave de nivel 2 de matemáticas, galego e lingua castelá.

As persoas que estean interesadas en realiza-lo curso poden acudir ó Concello Vello do Barco (Praza do Concello, 1), onde se lles facilitará todo tipo de información ó respecto.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng