Titzina Teatre presenta La Zanja, unha traxicomedia sobre o progreso

22.01.18 11:40

É a terceira vez que a compañía catalá sube ao escenario do TLO. Diego Lorca e Pako Merino son intérpretes, dramaturgos e directores. La Zanja é o seu último traballo. Poderá verse o venres 2 de febreiro ás 21h.

Un técnico dunha multinacional mineira chega a unha explotación da súa compañía en Sudamérica. O alcalde e a súa comunidade esperan a este novo descubridor. Prodúcese o reencontro de dous mundos e formas diferentes de entender a vida. Esta confluencia transporta os protagonistas a outro choque clave na historia: o encontro de Pizarro e Atahualpa.

A través dunha historia actual, esta traxicomedia trasládanos a un momento histórico que formula temas esenciais como a condición humana e as súas diferentes formas de entender o progreso.

A última vez que Titzina Teatre estivo no Barco foi o 6 de decembro de 2014 con Distancia siete minutos, que se converteu nun fenómeno que percorreu toda España e moitos outros países, con máis de 300 funcións, 100.000 espectadores e cun éxito unánime de crítica e público, pola súa capacidade de combinar unha lúcida mirada sobre o individuo desde a tenrura e o humor.

O sinal de identidade de Titzina Teatre é a aposta polo traballo de creación a partir da investigación, de xornalismo antropolóxico, creando un universo poético que nos seduce e emociona.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng