III Foliada e Cantos de taberna, música e cantigas para a Festa do Botelo

17.01.18 14:11

Cinco grupos de música e canto tradicional tomarán parte na III Foliada e Cantos de Taberna que se celebrará no Barco este sábado, 20 de xaneiro, dentro da XVIII edidión da Festa do Botelo do Barco.

Os grupos Ouruxobruxo da Rúa de Valdeorras, Píngalle o moco do Courel, Os corenta e chinco boys da Pobra do Brollón, Macizas Centrais da Pobra de Trives e Os palletas de Quiroga animarán cos seus cantos o xantar no Pavillón de Calabagueiros, tras un percorrido desde o Teatro Lauro Olmo a partir das 13h30 e logo, na tarde noite entre ás 19 e ás 22 horas, polas nove tabernas e bares que participan San Mauro, Pizzería O Barco, O Buraco, Veira Sil, Al Natural, Trece catorce, A Pampa, Divino Paseo e A Fábrica.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng