Cirk About it presenta o venres 17 de novembro El Apartamento

10.11.17 12:56

Trátase dun espectáculo de circo para todos os públicos. A linguaxe corporal, equilibrios e saltos acrobáticos mesturados con humor compoñen unha peza na que a evasión está garantida. O venres 17 de novembro ás 21h. para toda a familia.

El Apartamento é de creación colectiva da propia compañía, a dirección é de Alfonso Alonso (El Gran Rufus) e o elenco está formado por Laura Barba Ruiz, David Tornadijo Arce e Miguel Molinero García.

Cando o circo é o protagonista no salón de calquera fogar, todo pode escapar da normalidade e converterse en excepcional. Circk About It presenta unha situación cotiá como pode ser a convivencia nun apartamento para explicar como a rutina pode romper con facilidade, simplemente engadindo unhas pingas do mellor circo.

Acrobacias, saltos, portes e equilibrios para unha prometedora compañía que evolucionou desde a peza curta Tres al cubo, gañadora en 2014 do premio Off Circada, para presentar agora este espectáculo. Espectáculo fundamentado principalmente nos equilibrios e saltos acrobáticos, con pinceladas de humor, mostra un traballo corporal moi visual que atraerá a todos os públicos.

Vindos desde distintos lugares de España, os compoñentes desta compañía converxen nun mesmo punto e comparten a mesma paixón: o circo!

Circk About It é unha compañía nova que supón todo un revulsivo no panorama circense de Castela e León, especialmente na provincia de León, onde residen e contan con espazo de ensaio, adestramento e exhibición. Cunha formación fiel á súa enorme inquietude artística, é un exemplo dunha proxección e crecemento imparables, tanto no ámbito técnico coma artístico, desde que se fundara en 2013.

Entre os seus traballos cabe destacar o seu número curto Tres al cubo, gañador do Festival Circada 2014, e o seu actual espectáculo, El Apartamento, gañador do premio ao mellor espectáculo de rúa da Feira de Teatro de Castela e León de Ciudad Rodrigo 2016 e premio FETEN 2017 ao mellor espectáculo de rúa.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng