Revisión dos Carnés Xove emitidos durante os dous últimos anos no Concello do Barco

30.10.17 13:55

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Barco detectou irregularidades na tramitación do Carné Xove, tras constatarse a existencia de problemas no rexistro da devandita documentación.

Por iso,e co fin de solucionar estas irregularidades, os mozos que realizaran ou renovaran o Carné Xove durante os dous últimos anos (desde o un de novembro de 2015 ata a actualidade), deberán pasar polo Concello para comprobar se o seu carné está correctamente rexistrado nos arquivos de Xuventude, e proceder á posta en marcha de medidas correctoras, no caso de que non sexa así.

Os interesados poderán informarse sobre esta cuestión chamando ao teléfono do Concello (988320202), ou acudindo persoalmente á terceira planta do edificio multiusos, onde tamén poderán ser informados respecto deste tema. O prazo para facer as comprobacións rematará o 30 de decembro.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng