A exposición conmemorativa dos 25 anos do Eixo Atlántico chega ao Barco de Valdeorras

10.10.17 13:00

Estará ata o día 22 de outubro na Praza do Concello

A exposición conmemorativa dos 25 anos do Eixo Atlántico do Noroeste peninsular continúa co seu percorrido polas cidades do Eixo. Tras a súa inauguración en Lugo o 15 de febreiro, e o seu paso por Bragança, Viana do Castelo, Guimaräes e Monforte, entre outras cidades do Eixo, hai uns días montouse a exposición na Praza do Concello do Barco de Valdeorras, onde estará ata o 22 de outubro.

Trátase dunha mostra composta por 36 lonas articuladas en forma de cubos, a través das que se fai un percorrido pola historia do Eixo e os seus fitos de cooperación transfronteiriza e vertebración do sistema urbano.

Son en total 9 cubos cunhas medidas duns 2,20m de alto por 1,10m de ancho, que ocupan boa parte da praza do Concello.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng