Comeza a temporada teatral de outono

21.09.17 13:56

O Teatro Lauro Olmo abre con A deshoras de Berrobambám a temporada teatral de outono, na que se inclúen un total de once representacións, catro delas para público familiar, que terán lugar entre o 29 de setembro e o 28 de decembro.

Os espectáculos que poderán verse van desde o mundo clásico revisitado por dramaturgos contemporáneos (como "Helena, xuízo a unha lúrpia" de Teatro do Atlántico ou "Calypso" de Voadora), ao pensar e sentir das novas xeracións arredor das ausencias ("Resaca" de Il Maquinario), o teatro de xesto e musical ("Tropical" de Elefante Elegante), o circo ("El apartamento" da compañía leonesa Cirk About it) ou os achegamentos a personaxes da historia de Galicia, como é o caso de "Elisa e Marcela" de A Panadaría e "Voaxa e Carmín" de Butaca Zero. Estará tamén Sergio Pazos co seu monólogo "Afiando con humor" e o Mago Teto e Baobap pechando a programación os días 27 e 28 de decembro para público infantil e familiar. Dos once espectáculos programados tres forman parte da Rede de auditorios de Ourense, que patrocina a Deputación, e os oito restantes da Rede Galega de Teatro e Auditorios (AGADIC-Xunta)

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng