O Barco celebra este fin de semana a XX Feira do Viño de Valdeorras

12.07.17 14:40

O actor Javier Veiga será o encargado de pronunciar o pregón na XX Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará na Praza de Viloira os próximos 15 e 16 de xullo, días durante os que o recinto feiral permanecerá aberto de 12,30 a 14,30, e de 19,30 a 23,00 horas.

A feira contará cun programa completo de eventos paralelos. Ao igual que en anos anteriores, celebrarase unha cata profesional o venres 14, e o domingo entregaranse os premios ás bodegas ganadoras neste certamen oficial.

O xoves 13 e o venres 14 celebrarase a II Ruta dos pinchos de Valdeorras, que o Consello Regulador da D.O. Valdeorras puxerán en marcha en colaboración co Concello de O Barco, AEVA e o Centro Comercial Aberto, coa participación de 17 establecementos da zona.

Paralelamente, ao largo das dúas xornadas haberá actuacións musicais e actividades dirixidas aos máis pequenos. O sábado pola tarde celebrarase un show de cocina no recinto feiral a cargo do chef Flavio Morganti.

Tamén se poñerá en marcha de novo o tren Valdeorras Expreso para facilitar os desprazamentos de ida e volta hasta o recinto feiral. A saída establecerase no polideportivo de Calabagueiros, pasando polo Hospital e a praza do Concello, hasta chegar á Praza de Viloira.

Comienza la descarga del archivoTríptico

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng