Fin de semana de San Xoán, con actividades deportivas e lúdicas

22.06.17 13:25

Esta próxima fin de semana preséntase chea de actividades no Barco. Baixo a organización municipal celebrase este venres a terceira edición da Carreira e Andaina Popular “Festa de San Xoan”, con saída e chegada na Praza de Otero Pedraio, en Viloira. Os participantes poden inscribirse tanto previamente no departamento de Deportes do Concello, como o propio día da carreira, de 19,00 a 19,45 horas. A actividade comezará ás 20,30 horas, e terá dous percorrido sinalizados: uno para os máis pequenos, e outro de 6,3 kilómetros para os adultos.

Ao remate da carreira ofreceráse unha pancetada a todos os participantes, entre os que tamén se sorterán diferentes agasallos. Logo celebrase a noite de San Xoán, coa animación do grupo Pándega, seguida dunha cacharela e unha queimada.

Tamén con colaboración municipal celébrase esta fin de semana a XII edición da Copa Deputación de Ourense de Volei Praia. Ao longo do sábado e o domingo terán lugar na área recreativa do Salgueiral as competicións de infantil, e sub 19 (sábado 24), e de alevin e cadete, o domingo. A organización corre a cargo da Federación Galega de Voleibol, coa colaboración de Deputación Provincial e Concello do Barco.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng