Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.

Concello do Barco : Eroski Paraíso, o último de Chévere, este venres no TLO

Eroski Paraíso, o último de Chévere, este venres no TLO

29.11.16 09:39

Eroski Paraíso poderá verse este venres 2 de decembro ás 21h, é a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Unha peza de autoría do grupo, con textos de Manuel Cortés, dramaturxia e dirección de XRon e interpretada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e Luís Martínez. As entradas (5 euros) á venda desde unha hora antes na billeteira do Teatro e o mesmo día da función de 12 a 14 horas na oficina do Teatro (primeiro andar).

Como outras pezas de Chévere, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Ela tiña 19 anos, el 25. Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra (Álex) naceu ao ano seguinte, xusto cando pechou a Paraíso. Logo emigraron e andaron a tombos dun lado a outro deixando que a vida decidise por eles. Vintecinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando de seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un máster de cine en Barcelona e viaxa a Muros para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigo vital de toda unha xeración. Eroski Paraíso é o título que lle puxo á súa película. E esta obra é un convite para asistir a unha das sesións de rodaxe.

A obra conta con sobretítulos proxectados que están adaptados para persoas xordas ou con problemas de audición.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng