Por que tapan a dor con flores? fotos de Iván Merayo no Outono Fotográfico

15.11.16 10:18

A segunda das exposicións do Outono Fotográfico no Barco será esta que leva por título Por que tapan a dor con flores? de Iván Merayo (Pontevedra, 1971) arqueólogo e fotógrafo afincado en Monforte. A inauguración será o xoves 17 de novembro ás 19h45 no Teatro Lauro Olmo.

As quince fotografías que integran esta mostra supoñen unha reflexión sobre as preguntas que día a día se fai a humanidade, sobre o destino e o máis aló, apuntan tamén cara as frustracións dos fracasos que nos acompaña, unha anguria latente e reincidente, para concluír que a tristura perdura sobre o efémero.

Poderá verse do 17 novembro ao 2 decembro no Teatro Lauro Olmo, forma parte da programación do Outono Fotográfico.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng