Recital de piano de Sara Marianovich no Teatro Lauro Olmo

14.11.16 12:44

O sábado 19 de novembro ás 21h a pianista serbia, residente no Barco, Sara Marianovich ofrecerá un recital de piano con entrada libre ata completar o aforo. O programa inclúe obras de Händl, Scarlatti, Chopin, Liszt, Albéniz e Rachmaninoff.

Sara Marianovich comeza a estudar piano aos oito anos de idade, aos quince ingresa na Facultade de Música, Universidade de Belgrado (FMU), como a estudante máis nova de todos os tempos. Graduouse co Premio da Universidade de Belas Artes como a mellor estudante en FMU, e co Premio da Fundación Emil Hajek como a pianista nova con maiores perspectivas. Con tan só vinte anos de idade obtén o título Master of Arts, e seguidamente ingresa en Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde dous anos máis tarde remata coa mellor nota o Curso de Perfeccionamento na interpretación de música española. Os seus profesores de piano foron Lully Petrovic, Arbo Valdma, Victor Merzhanov, Dmitri Bashkirov, Joaquín Soriano e Manuel Carra.

No ano 2008 a casa discográfica Sony BMG editou un CD e DVD coa obra para violín e piano de Pablo Sarasate (dispoñible tamén en Youtube) con motivo do centenario da súa morte, que Sara Marianovich gravou xunto ao violinista Ilija Marinkovich, laureado no Concurso Internacional Pablo Sarasate? e nomeado Artista pola Pazpola UNESCO. O Hotel Ritz de Madrid realizou unha edición especial deste CD como agasallo para os seus clientes VIP. Así mesmo, as gravacións de Sara Marianovich figuran en numerosos discos editados por varios selos discográficos, xunto ás doutros artistas de prestixio internacional, como Arthur Rubinstein, Vladimir Horowitz, Alicia de Larrocha, Martha Argerich, Glenn Gould, Evgeny Kissin, Yefim Bronfman, Lang Lang, etc.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng