O pregón e o chupiñazo abriron as festas do Cristo

09.09.16 10:05

O pregón, pronunciado polo artista Christian Escuredo, e o encendido do chupiñazo abriron de xeito oficial, este xoves, as Festas do Cristo 2016, que se prologarán ata o próximo día 14 con moitos actos para todos os gustos e idades.

Hoxe continúan as actividades desde as 19,00 horas con guiñol para nenos na Praza Andrés de Prada, un festival de músicos locais desde as 21,00 horas na Praza Maior, a gala de celebración do 50 aniversario do Descenso do Sil, a mesma hora pero na Praia Fluvial do Malecón, e a música de Novedades Carminha, a partir das 23,00 horas no Campo da Festa.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng