dd Concello do Barco : Entrega do premio de poesía “Florencio Delgado Gurriarán”

Entrega do premio de poesía “Florencio Delgado Gurriarán”

28.09.18 10:18

Esta fin de semana o proxecto “As Letras de Florencio”, do que forma parte este concello, celebra unha serie de actividades con motivo da primeira edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

O programa comeza o sábado 29, ás 13.00 horas en Córgomo, onde se dará a coñecer o nome dos cinco finalistas do premio.

Pola noite, coñecerase o gañador ou gañadora na gala que comezará ás 21:00 horas no Centro Cultural Avenida da Rúa, guiada por María Lado e Lucía Aldao.

O domingo, a partir das 12:30 horas, presentarase na Casa da Cultura de Petín unha exposición de Ricardo Gurriarán, biógrafo do autor. De seguido, haberá un espectáculo poético do Colectivo Os Poetas da Hostia, no que María Lado, Lucía Aldao, Daniel Landesa, Xabier Xil Xardón e Silvia Pena, acompañados da música de Mig Seoane, farán da sesión vermú un espazo cheo de poesía, humor e música. E, como non podían faltar os petiscos e o viño, os bares e cafeterías de Petín ofrecerán aperitivos e pinchos.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng