Actividades no Barco con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

20.11.15 12:00

O próximo día 25 celebránse no Barco varias actividades con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, organizadas polo Concello.

Co lema “Co maltrato non hai trato”, a partir das 11,30 horas, na Praza do Concello, formarase unha cadea humana para chamar a atención sobre este tema, e unha hora despois, ás 12,30 horas, terá lugar unha concentración. Xa pola tarde, a partir das 20,00 horas e no Teatro Lauro Olmo ofreceráse a proxección de diferentes curtos, coa temática da muller e da violencia de xénero.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng