CURSO DE MANEXO DE MAQUINARIA AGRÍCOLA NO BARCO
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral organiza un curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola, específicamente ideado no manexo práctico do tractor e os seus apeiros.
O cursiño terá unha semana de duración, e se desenrolará entre o 26 e o 30 de Outubro. As clases ofreceránse pola tarde, con cinco horas de teoría o luns e o martes, e catro horas de prácticas o mércores, xoves e venres da próxima semana.
A inscrición no curso é totalmente gratuita, e pretende formar aos usuarios de tractores na súa condución segura. Os interesados deben formalizar o impreso de inscricion que se achega xunto a esta información, e remitilo por correo electrónico ao Instituto organizador.