dd Concello do Barco : Comparsas e gastonomía no Entrudio do Barco

Comparsas e gastonomía no Entrudio do Barco

29.01.13 10:02

O martes 12 de febreiro é cando o Entroido (Entrudio na súa forma local) se vivirá con máis intensidade no Barco, o Desfile de comparsas que percorre pola tarde as principais rúas da vila, concentra a atención de centos de disfrazados e de moitas máis persoas curiosas que ven pasar a caravana chocalleira desde as beirarrúas.

Os restaurantes celebran as XIV Xornadas Gastronómicas do Entroido con elaboracións do máis diverso, do 8 ao 12, os establecementos coordinados por AEVA ofrecen menús de xantar e cea para todos os gustos e presupostos.

O domingo a partir das 17h30 na praza Maior haberá un karaoke infantil seguido dun baile de carnaval para xente de todas as idades.

O desfile de comparsas, folións  e caretos será o martes a partir das 17h30 e dará comezo na avenida Conde de Fenosa á altura do Hospital Comarcal Valdeorras. Percorrerá as rúas Conde Fenosa, Marcelino Suárez, Eloi Mira e rematará na praza Maior, onde se poderá botar uns bailes cunha discoteca móbil preparada para a ocasión. As comparsas que desexen participar deberán formalizar a súa inscrición antes das 12 horas do día 12 de febreiro no Servizo Municipal de Cultura. Repartiranse premios á participación segundo o número de integrantes de cada comparsa.

O mércores, día 13 de febreiro, o Enterro da Sardiña, acto final do Entroido do Barco, terá lugar como cada ano, na praza Maior, a rúa de San Mauro e o Camiño Real.

Tríptico con todo o programa do Entroido 2013 e das XIV Xornadas Gastronómicas do Entroido.

 

 

 

 

 

 

 

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng