Cooperativa Xesús Nazareno. 50 anos elaborando viños no Barco

21.01.13 12:00

A Bodega Cooperativa Xesús Nazareno do Barco de Valdeorras foi creada no ano 1958 por iniciativa de 82 socios. En 1963 recolle e elabora a primeira colleita de uvas. Leva pois cincuenta anos producindo viños, brancos e tintos, de Valdeorras. Na actualidade está formada por 450 socios e comercializa oito marcas, entre elas monovarietais de godello e mencía, as castes mellor adaptadas as características de solo e clima dos bacelos acollidos á Denominación de Orixe Valdeorras.

A XIII Festa do Botelo do Barco outorgoulle á Bodega Cooperativa Xesús Nazareno a súa Mención de Honra o 19 de xaneiro de 2013, como recoñecemento a importancia social e económica desta entidade para O Barco e a súa comarca.

Ver o vídeo

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng