Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : O Outono Fotográfico no Barco

O Outono Fotográfico no Barco

26.10.11 12:09

O Outono Fotográfico abrirase no Barco con dúas exposición, unha sobre a igrexa románica de Pardollán (Rubiá) e outra sobre corenta anos de baloncesto no Barco, fotografías de 1949 a 1989.

Os carteis das dúas exposicións

Os carteis das dúas exposicións

OUTONO FOTOGRÁFICO 2011. O BARCO DE VALDEORRAS

Exposicións

Grandes momentos do baloncesto no Barco (1949-1990)
Recompilación de fotografías antigas

O baloncesto aínda era incipiente en España cando en 1949 comeza a practicarse no Barco. Da man de Julián Trincado, enxeñeiro de Saltos do Sil, formouse o primeiro Club Baloncesto Barco que xogaba no patio de terra da Academia Dequidt. Entre 1951 e 1957 este equipo acadou todos os campionatos provinciais. Logo, ao formarse as ligas, en 1960, xoga coa elite do baloncesto galego. Os mellores equipos de Santiago, Vigo, Ferrol, A Coruña, Lugo e Ourense tiñan enormes dificultades para puntuar nos seus desprazamentos ao Barco. Crease unha certa épica de David contra Goliat naqueles memorábeis partidos, seguidos por uns seareiros entregados e que foron lugar de encontro e convivencia para varias xeracións de mozos e mozas do Barco.
No Centro Comarcal de Valdeorras – Casa de Río Cigüeño. Rúa da Veiguiña, 5. O Barco de Valdeorras. Do 31 outubro ao 30 novembro. Horarios: 10 a 14 e de 17 a 20 (luns a venres) 11 a 14 (sábados). Inauguración: luns 31 outubro ás 19h30


Santo Estevo de Pardollán: Borrar a ruína. Erguer o futuro
Carme Varela, Susans Fernández, José Antonio Gil, Niquelarte, Gustavo Docampo e Asociación Santo Estevo de Pardollán

A asociación O sorriso de Daniel para a defensa do patrimonio galego e a asociación Santo Estevo de Pardollán levaron a cabo unha actuación exemplar en Pardollán (Rubiá). Un grupo de voluntarios e voluntarias limparon no mes de xullo a igrexa románica de Santo Estevo e a súa contorna. Levaba máis de cincuenta anos abandonada e a maleza foi ocultando moitos dos elementos máis senlleiros da súa fábrica. Esta exposición é a reportaxe gráfica dunha iniciativa que uniu vontades a prol da recuperación da memoria dun pobo e da conservación dos bens comúns que explican o seu tránsito pola Historia, as súas creacións culturais.
Galería Sargadelos. Avda. Conde de Fenosa, 38. O Barco de Valdeorras.
Do 28 outubro ao 16 de novembro. Horarios: 10 a 13,45 e de 17 a 20,30 (luns a venres) 10 a 14 (sábados). Inauguración: venres 28 outubro ás 19 horas.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng