dd Concello do Barco : Cinderela Mix de Artello Teatro, para público infantil e familiar

Cinderela Mix de Artello Teatro, para público infantil e familiar

24.10.11 10:42

Este venres, 28 de outubro ás 20 horas, o grupo Artello Teatro representará no TLO Cinderela Mix, unha nova ollada ao conto da Cincenta con ilusión, tenrura, humor, música e poesía. Para público infantil e familiar.

Artello Teatro é un nome histórico do teatro galego que se ten especializado duns anos a esta parte no teatro infantil, con moitísima seriedade e alto nivel de esixencia. O público do Barco tivo ocasión de coñecer todas as producións do grupo vigués, programadas no noso Teatro sempre con excelente acollida. Nesta ocasión presentan Cinderela Mix, unha volta máis a clásica historia da Cincenta dirixida por Manolo Pombal e Santi Montenegro.

Cinderela Mix é a fusión de tres olladas sobre o conto da Cincenta. Son as olladas de tres chaíñas que converxen accidentalmente. A partir dos pequenos conflitos da súa vida cotiá, vense engaiolados por unha historia que os leva a xogar, a mesturar, a enredar... a compartir. Tres olladas humildes, cheas de ilusión, de tenrura, de poesía, de cor, de música e de humor.

Actores:
Rosa Hurtado, Santiago Montenegro, Simón Piñón.
Fotografías: Quino Vilas.
Iluminación: Santiago Montenegro.
Banda sonora, texto e dramaturxia: R. Hurtado, S. Montenegro e S. Piñón.
Títeres e atrezzo: Rosa Hurtado e Suso Montero.
Escenografía, vestiario e cartel: Suso Montero.
Dirección: Manuel Pombal, Santiago Montenegro.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng