Comeza o II ciclo de Teatro Afeccionado Lauro Olmo

29.09.11 10:04

Este venres comeza no Teatro Lauro Olmo o II Ciclo de Teatro Afeccionado Lauro Olmo que reúne tres grupos galegos convidados por Gargallada Teatro, entidade organizadora do evento.

O grupo de teatro O Trasno Novo, de San Andrés de Comeña (Vigo), será o encargado de abrir o II Ciclo de Teatro Afeccionado Lauro Olmo. Este venres, 30 de setembro, a partir das 20h30 porán en escena "Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fora", unha creación colectiva do grupo sobre a memoria histórica coas mulleres como protagonistas, están dirixidos por Xaime Costas e Miguel Estévez e actúan no Barco por vez primeira, dentro das xornadas organizadas por Gargallada Teatro.

A programación continúa o venres 7 outubro ás 20h30 con "Drammático" de Paso De Valverde Teatro da Coruña. A última das representacións será o venres 14 outubro, tamén ás 20h30, e titúlase "Barvarela" de Hipócrita Teatro de Lugo.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng