Fomento licita a redacción do proxecto para a conexión entre as estradas N-120 e N-536

04.08.11 11:00

O orzamento de licitación da circunvalación ascende a 1,4 M€

O Ministerio de Fomento licitou, coa súa publicación no Boletín Oficial do Estado, o contrato de consultoría e asistencia técnica para a redacción do Proxecto de trazado e construción da Conexión entre as estradas N-120 e N-536, Tramo Sobradelo–O Barco de Valdeorras cun orzamento de licitación de 1.455.589,89 euros. Trátase da Circunvalación de O Barco, coa que se pretende desviar o tráfico pesado que xera o sector da lousa, e que agora ten que entrar no centro urbano para poder seguir camiño pola N-120. O proxecto é un dos obxectivos que se marcou o alcalde, Alfredo García, para esta lexislatura.

O rexedor local valorou positivamente a posta en marcha do proxecto, “sobre o que o ministro, José Blanco, cumpriu os seus compromisos no sentido de que a redacción sairía a licitación agora”. Esta estrada é “moi importante” para O Barco, para toda a comarca e especialmente para os transportistas, que agora disporán dunha ruta máis curta, cómoda e segura.

A lonxitude aproximada do tramo é de 5,7 quilómetros. Ao longo do trazado prevense dúas ligazóns. Está previsto 8 estruturas das cales 5 son viadutos, 1 paso superior e 2 pasos inferiores. A velocidade de proxecto prevista é de 80 km/h. A sección tipo básica no tronco da Autovía estará composta por dúas calzadas de 7,00 m de anchura, beiravías exteriores entre 1,50 e 2,50.

O ancho da mediana quedará xustificado mediante un estudo técnico-económico no que se terá en conta o radio en planta, a visibilidade de parada, necesidade de incrementar o número de carrís durante a vida útil da estrada, así como calquera outra consideración que poida intervir no devandito estudo. O proxecto deberá cumprimentar as técnicas que se impoñan na Declaración de Impacto Ambiental, nos aspectos en que estas afecten o tramo considerado. Incluirase un anejo chamado “Análise Ambiental”, no que se identificarán, describirán e valorarán os problemas ambientais.

Manterase a coordinación adecuada coas Corporacións Locais, Xunta de Galicia, Cámaras Agrarias, Confederación Hidrográfica e resto de Entidades e Organismos que puidesen verse afectados ou que poidan achegar datos de interese para a redacción do proxecto. Co fin de contribuír á mellora da seguridade viaria dos ciclistas e de acordo cos obxectivos e directrices do Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte (PEIT), analizarase a compatibilidade das actuacións a proxectar cos usos ciclistas que poidan entrar en conflito con elas, tales como, as afeccións a outras estradas en ligazóns ou a accesibilidade a pasos superiores e inferiores.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng