Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : O grupo “A Finxideira” do IES Lauro Olmo finalista do VI Concurso de Teatro Grecolatino

O grupo “A Finxideira” do IES Lauro Olmo finalista do VI Concurso de Teatro Grecolatino

11.05.11 10:00

O grupo de teatro “A Finxideira” do IES Lauro Olmo do Barco participará na fase final do VI Concurso de Grupos de Teatro Clásico Grecolatino do Ministerio de Educación. A súa montaxe de “Anfitrión” de Plauto foi seleccionada polo xurado e será representada o próximo 27 de maio no Teatro Romano de Segóbriga (Cuenca)

Unha escena do "Anfitrión" de Plauto representado por "A Finxideira" no IES Lauro Olmo

Unha escena do "Anfitrión" de Plauto representado por "A Finxideira" no IES Lauro Olmo

Pasaron a esta final un total de cinco obras, tres delas na modalidade de traxedia grega/latina e comedia grega e dúas de comedia latina: a de “A Finxideira” do Barco e a do grupo “Balbo” de El Puerto de Santa María (Cádiz), así pois os dous grupos competirán polo primeiro premio, de comedia latina, que está dotado con seis mil euros para a realización dunha viaxe cultural.

Os membros do grupo teatral e o Instituto están moi ilusionados con este recoñecemento que supón, cando menos, o privilexio de representar nun teatro romano e convivir un par de días con alumnos doutros lugares, unidos no interese polas artes escénicas e a cultura clásica. A montaxe de “Anfitrión” feita por “A Finxideira”, que participou no concurso a través dun vídeo realizado polos propios rapaces, está coordinada polo profesor de Latín, Julio Parada, autor da adaptación. Da dramaturxia e da dirección artística ocúpase Pilar Alonso. O elenco está formado polos alumnos Santiago Coni Molina, Alba Díaz Urdangaray, Álvaro e Lucas Docampo Gacio, Sabela López Loureiro, Tamara Martínez Pires e Aitor Ramos Soto.

É de salientar que este “Anfitrión” foi presentado a concurso en galego e vai ser representado en Segóbriga na mesma lingua. As bases deste certame do ME, para grupos formados por alumnos/as de secundaria, inclúen todos os idiomas oficiais do Estado Español. É a primeira vez que se presenta ao concurso “A Finxideira” que vai ter que medirse co máis selecto e experimentado do teatro grecolatino, feito en España por estudantes de secundaria.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng