dd Concello do Barco : Gargallada presenta A última cinta de Krapp

Gargallada presenta A última cinta de Krapp

23.03.11 10:30

Gargallada Teatro presenta este venres a estrea mundial de A última cinta de Krapp, de Samuel Beckett, interpretada por Gabriel Prada.

Gabriel Prada nun momento da representación

Gabriel Prada nun momento da representación

A última cinta de Krapp é un monólogo de Samuel Beckett, escrito e representado por primeira vez en 1958. Amósanos ao vello Krapp mergullando nas súas lembranzas, apuntadas nun vetusto diario e gravadas en cintas magnetofónicas. Krapp atópase con anacos do seu pasado narrados por un Krapp trinta anos máis novo, e que, con dificultade, poderían dar sentido ao seu presente orfo de esperanza. 

A representación, protagonizada por Gabriel Prada, transcorre nun só acto, cunha duración de 45 minutos.

No Teatro Lauro Olmo o venres, 25 de marzo, ás 21 horas.

 

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng