dd Concello do Barco : A empresa de recollida de lixos inviste máis dun millón de euros en maquinaria para o servizo

A empresa de recollida de lixos inviste máis dun millón de euros en maquinaria para o servizo

22.12.10 11:00

Hoxe presentouse no Barco o parque de maquinaria adquirido pola empresa FCC, adxudicataria do servizo de recollida de lixos e limpeza viaria do Concello, para facer fronte a este servizo. Os investimentos ascenderon a 1.181.490 euros, correspondentes á adquisición de camións e outra maquinaria para a recollida de lixos e limpeza viaria, ademais da construción dunha nova nave no Parque Empresarial da Raña, que pasará a ser propiedade do Concello unha vez vencido o seu prazo de amortización. A adxudicación á empresa FCC foi por un período de 10 anos.

Durante a presentación, o alcalde do Barco, Alfredo García, destacou a importante mellora rexistrada no servizo de recollida de lixos nos últimos meses, especialmente desde que se incorporou toda a nova maquinaria prevista para o mesmo. Entre as adquisicións hai que destacar un camión recolector de carga traseira de 18 metros cúbicos, unha alta capacidade que nalgunhas ocasións permite realizar unha única viaxe á planta de recollida de residuos situada na Rúa. Tamén se incorporaron outros camións de menor capacidade e tamaño, para ser utilizados en zonas ou pobos con rúas estreitas, outro con guindastre para a recollida dos colectores de vidro e papel, así como varredora, baldeadora de rúas, e outros elementos cos que se moderniza moito o parque de maquinaria a disposición da empresa.

No servizo están traballando na actualidade 16 persoas, que se fan cargo da recollida de lixo, o seu transporte, o lavado de colectores, a xestión do punto limpo e a limpeza viaria. A empresa recibiu xa licenza municipal para a construción da súa nave no Parque Empresarial, que estará terminada nuns meses.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng