Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : O Concello presenta á Xunta un proxecto para mellorar o alumado público en varios núcleos

O Concello presenta á Xunta un proxecto para mellorar o alumado público en varios núcleos

08.10.10 14:00

Substituiranse 119 luminarias en Outarelo, Viloira, A Proba, Vegamuiños e Entoma, cun aforro en consumo do 37,8%

Farolas instaladas en Coedo

Farolas instaladas en Coedo

O Concello do Barco presentou ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependente da Consellería de Industria, un proxecto para a mellora da eficiencia enerxética do alumado público nos núcleos de Outarelo, Viloira, A Proba, Veigamuiños e Éntoma. O orzamento calculado para esta obra supera os 73.000 euros, dos que o Inega podería financiar o 60% dentro dos seus programas de axuda abertos este ano 2.010 para a execución de proxectos de aforro enerxético. O proxecto prevé cambiar 119 luminarias, en cuxo consumo conseguir un aforro do 37,8%.

O Concello decidiu a elaboración deste proxecto logo da realización dunha auditoría enerxética no alumado público do municipio. A auditoría permitiu coñecer a situación exacta de todas as instalacións, así como as necesidades en canto á mellora da eficiencia enerxética. A realización de proxectos que melloren esa eficiencia redundará de forma positiva na diminución dos gastos en iluminación viaria, un obxectivo marcado polo grupo de goberno do Concello do Barco dentro da política de sustentabilidade e mellora ambiental posta en marcha desde fai anos e que converteu ao municipio barquense nun dos máis destacados de Galicia na posta en marcha de proxectos de protección e do medio ambiente.

O agora remitido á Xunta de Galicia é un paso máis nese programa global do grupo de goberno na súa política ambiental. A auditoría realizada recentemente evidenciou que os núcleos de poboación nos que se pretende mellorar a eficiencia enerxética contan cun alumado público cunha idade superior en todos os casos a 50 anos, con deficiencias nas luminarias e un rendemento enerxético moi pobre, e cunha distribución moi aleatoria, polo que se orixina un gasto en iluminación superior ao necesario e provócanse deslumbramientos a peóns e vehículos. Ademais, supón unha contaminación lumínica importante, superior á esixida actualmente.

O proxecto contempla a substitución das luminarias con brazos de sujeción en deficiente estado de conservación, así como as lámpadas, que nestes momentos non teñen regulación e células fotoeléctricas, por halogenuros metálicos de 100 W con equipos reguladores de luz incorporada, ofrecendo unha sensación de luminosidade moi superior á existente, pero con menos consumo. En Outarelo e Viloira (neste caso nas rúas Cimadevila e Vilabril- os farois clásicos, en mal estado e sen sistemas ópticos, serán substituídos por outros novos, con lámpadas de luz branca de 75 W. En total, colocaranse 119 novas luminarias, das que 32 serán de 70 W, e 87 de 100 W, cunha potencia instalada de 11.100 W -fronte aos 17.850 actuais-, o que significará un aforro do 37,8% no consumo calculado.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng