Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : O Concello de O Barco levará a cabo unha auditoría enerxética na instalación de alumeado público exterior

O Concello de O Barco levará a cabo unha auditoría enerxética na instalación de alumeado público exterior

18.06.10 11:26

A inversión será de 16.000 euros, dos que a metade será aportados polo INEGA, e o resto polo Concello

O Concello do Barco de Valdeorras, como Concello Sostible, ven desenvolvendo  nos últimos anos  proxectos cuxo obxecto principal é reducir a demanda de enerxía, contribuír  á redución das emisións de CO2 que se emiten á atmosfera, reducir a contaminación acústica, e satisfacer o cumprimento das novas normativas sobre aforro e eficiencia enerxética impostas por Europa.

A Consellería de  Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) concedeulle ao Concello do Barco de Valdeorras  unha axuda para realizar unha auditoría enerxética  das instalacións de alumeado público exterior. A auditoría será realizada por unha empresa especiallizada neste tipo de traballos, e nestes momentos xa se iniciu o proceso para a adjudicación.

Con esta auditoría enerxética analizarase a situación actual no Concello do Barco de Valdeorras, o que permitirá coñecer o modo de explotación, funcionamento e prestacións  das instalacións do alumeado público, o estado dos seus compoñentes, os seus consumos enerxéticos e os seus correspondentes custes de explotación. O Concello xa se adiantou á auditoría , e na iluminación do entorno do novo Pazo de Xustiza instalaránse unhas luminarias nas que se porá en marcha un sistema por medio do cal os 2/3 das luminarias apagaránse parte da noite, mantendo a zona coa iluminación necesaria, pero aforrando un 66% da enerxía.

Os fins últimos que se pretende acadar coa elaboración desta auditoría son mellorar a eficiencia e o aforro enerxético, adecuar e adaptar estas instalacións á normativa vixente,   limitar o resplandor luminoso e a súa contaminación lumínica.

A auditoría enerxética debe  abarcar a todas as instalacións de alumeado público de titularidade  municipal, tendo en conta tanto a iluminación viaria, sexa funcional ou ambiental, como a ornamental e calqueira outro tipo de instalación de iluminación exterior fixa que se considere susceptible de incluír na auditoría.

Os traballos que se farán son os seguintes: inventario de instalacións  e toma de datos, medicións , diagnóstico,propostas de mellora,   resumo executivo e plan de acción.

6.      O proxecto completo debe entregarse ao concello antes do 31 de agosto de 2010. O orzamento total, I.V.E incluído, é de 16.000,00 €. O INEGA aportará 7.994,81€ e o resto debe aportalo o Concello do Barco de Valdeorras.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng