Violeta coletas, teatro para nenos este venres no TLO

23.03.10 10:50

Este venres no Teatro Lauro Olmo ás 20 h Títeres Trompicallo presenta Violeta Coletas contra as salchichas Gulp, unha obra de monicreques para nenos de 3 a 7 anos, cunha duración de 55 minutos.

Trompicallo está formado por Luís González e Marian González, autores e manipuladores deste espectáculo. A compañía, unha das máis exitosas do panorama do teatro infantil no Estado español,  presenta esta obra como segue:

A Violeta non lle gusta estudar, a Violeta gústalle ver a tele. A Violeta non lle gustan as acelgas, a Violeta gústanlle as salchichas. A Violeta non lle gusta Sarita, a Violeta gústalle Miguel. A Violeta non lle gusta que a súa nai lle dea ordes, a Violeta gústalle escoller. A Violeta non lle gusta que o seu pai a trate como a unha nena, Violeta quere crecer. A Violeta non lle gusta o seu irmán... aínda que un extraordinario suceso fará que cambie de opinión.

SMC

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng