“O lobo, unha carreira pola supervivencia”, en Caixanova

16.03.10 08:58

Do 12 ao 25 de marzo na sala Caixanova (Praza do Príncipe s/n) do Barco de Valdeorras. Logo do seu paso por numerosas vilas e cidades galegas, chega ao Barco a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo.

Unha mostra variada que pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats e reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat.

Pode visitarse no horario habitual da sala, de 19 a 21 horas, de luns a sábados e tamén poden concertarse visitas guiadas para escolares chamando ao 659 683384.

A exposición será presentada aos medios locais este mércores, ás 11h30, por Xosé Salvadores, da Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e por Eduardo Ojea, concelleiro de Cultura.

SMC

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng