dd Concello do Barco : Todo preparado para recibir os Reis Magos

Todo preparado para recibir os Reis Magos

04.01.10 10:35

Os Reis Magos chegarán ao Barco na véspera da súa festa, o día 5. Farano nun autocar procedente das terras de Oriente que ten prevista a súa chegada á Estación de autobuses ás 17,30 horas.

A comitiva dos Magos o 5 de xaneiro de 2009

A comitiva dos Magos o 5 de xaneiro de 2009

Na Estación de Autobuses a comitiva máxica pasará a ocupar as tres carrozas deseñadas para realizar a tradicional Cabalgata que encherá de ilusión e caramelos as rúas do Barco, ateigadas de xente pequena e maior ansiosa de ver de preto aos portadores de tanta fantasía.

Tras percorrer as avenidas de Galicia, Conde de Fenosa e Marcelino Suárez o desfile rematará na praza do Concello. Alí os ilustres visitantes serán recibidos polo alcalde e demais membros da Cámara Municipal, logo desde o balcón da Casa do Concello tanto os Reis Magos como o alcalde dirixirán aos asistentes, en especial aos nenos e ás nenas, as súas tradicionais mensaxes de paz e bos desexos para o ano novo.

Unha traca de fogos artificiais porá punto e final á Cabalgata marcando o inicio da noite máis máxica do ano. Ao día seguinte os nenos espertarán coa ilusión de ver cumpridas as súas peticións e O Barco disporase a vivir un ano máis a tradicional feira de Viloira, onde os máis rezagados ainda poden atopar calquera cousa para sorprender.

SMC

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng